ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A campiona de España júnior de Hip-Hop, Noelia Quintela, triunfa en San Xoán de Río

Máis de 50 persoas asistiron á MasterClass que deu no polideportivo, da man da AC RíoMola

A campiona de España de Hip-Hop superou as previsións máis optimistas da organización e congregou a máis de 50 persoas para a súa primeira MasterClass no polideportivo de San Xoán de Río.

Noelia Quintela obtivo un espectacular éxito na súa primeira MasterClass de Hip-Hop, aberta e gratuíta para todo o mundo ofrecida pola Asociación Cultural RíoMola.

Baixo unha calor tremenda, Noelia, deu un discurso de presentación, para a continuación mostrar algunha das súas coreografías, e dar unha clase completa ante o público totalmente entregado, para finalizar agradecendo a Asociación Cultural RíoMola por apostar por ela e ao Concello de San Xoán de Rio pola cesión das instalacións municipais.

Dende a Asociación Cultural RíoMola, deséxanlle sorte a Noelia Quintela na súa nova tempada chea de perspectivas e esperan volver a contar pronto con esta campiona.

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua.
Fotos: AC RíoMola.

Artigos relacionados

Back to top button