Eleccións Xerais 2023OurenseÚltima hora

A candidata do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, anima a votar neste 23X

Tamén acudía a votar esta mañá Xosé Carballido, candidato nacionalista ao Senado

 

A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, acodía esta mañá ás 10:30h. a votar nun colexio electoral da cidade arroupada por militantes e simpatizantes da organización nacionalista e chama a participar de forma masiva este 23X nun contexto onde hai moita xente preocupada polo futuro. Neste sentido, anima “a todas as persoas que lle queren a Ourense e preocupadas polo futuro” que acudan a votar.

“O voto é un dereito e tamén unha gran responsabilidade e, polo tanto, animo a que todo o mundo acuda a votar” salienta a cabeza de lista. Noa Presas, destaca que, “a historia dun país decídese tamén nas urnas e, polo tanto, é un dereito e unha responsabilidade”.

Ademais Presas engadía que “moita xente está preocupada polo que poder vir, ninguén pode renunciar a posibilidade de escoller ese futuro. É importante que todas as persoas que lle queren a Ourense e que están preocupadas polo futuro acudan a votar”, afirma Presas.

 

 

Tamén esta mañá votaba ás 12h. o candidato ao Senado do BNG por Ourense, Xosé Carballido Presas, no colexio electoral de Seixalbo.

Artigos relacionados

Back to top button