ConcellosEntroido 2020Última hora

A Caniceira sacará en procesión ao seu “patrón”, San Mimís, o 21 de febreiro en Trives

Este folión fará un percorrido festivo pola vila levando en andas ao "gato máis marchoso do Macizo Central Ourensán"

Da céntrica rúa San Martiño de Trives partirá o vindeiro venres 21 de febreiro ás 21:30h. a segunda procesión San Mimís da Asociación Cultural A Caniceira. Con esta singular e divertida iniciativa este folión trivés celebrará o seu patrón carnavalesco, “o gato máis marchoso do Macizo Central Ourensán”, contan.

Así este venres levarán en procesión polas rúas trivesas “o noso miquiño, coa intención de animar a xente a botarse á rúa con ganas de troula. Que todos asistan, disfrazados do xeito máis orixinal, para darlle a comitiva oficial que merece”, animan dende A Caniceira.

Será un percorrido festivo, cheo de música e cor e que encherá a rúa de disfraces e troula. Ademais no decurso do traxecto por Trives haberá paradas “en todas as ‘capelas’ co noso “San Mimís” portado en andas ao longo de toda a procesión”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button