OurenseÚltima hora

A cara B da celebración dos magostos na cidade de Ourense

 

Como cada ano por estas datas, na chuviosa tarde do martes 14 de novembro os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense subían ao Monte do Cuco, próximo a Montealegre para “arranxar o desaguisado da nosa festa patronal, o San Martiño”, din.

 

 

Avisados do que se ían atopar, os Profesores Cristina, Jaime e Lalo, xunto a unha ducia de valentes Ecovixiantes, coa axuda dunha nai, Carmen, e de Luis da aula da Natureza do Río Miño e o can ecoloxista Baloo, traballaron arreo na zona cero. “Un verdadeiro noxo, vergoña allea… cualificativos que quedan curtos ante a preciosa paisaxe… Miles de botellas, de envases, mobilidade de bolsas…”, din dende os Ecovixiantes, agradecidos a Ecourense polo material de limpeza achegado.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button