En portadaÚltima horaVídeos

A caravana reivindicativa, cun cento de vehículos, chega á Rúa e conclúe coa lectura dun manifesto

A caravana entrando na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Coa lectura dun manifesto rozando as dúas da tarde deste domingo 4 de outubro, finalizaba a exitosa caravana que percorría O Barco e Vilamartín ata chegar ata a estación ruesa. Unha vez alí, dende os convocantes (BNG de Valdeorras e CIG) agradecían a boa resposta a este acto reivindicativo, cun cento de vehículos participantes, así como a colaboración dos concellos do Barco e da Rúa e procedía á lectura dun manifesto.

 

A caravana dirixíndose á estación da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O acto finalizaba entre aplausos e coa intención de seguir mobilizándose en favor destes servizos ferroviarios perdidos.

 

 

O vídeo do manifesto é cedido.

En breve ampliarase información e fotos.

A caravana de vehículos ao seu paso pola Rúa./ Foto cedida.

 

Máis información e fotos:
https://osil.info/valdeorras-mobilizase-para-reclamar-a-reposicion-dos-servizos-ferroviarios-perdidos/

Artigos relacionados

Back to top button