ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Carreira do Turrón do Barco bate récords cuns 800 inscritos

Publicidade
Esta cita non competitiva, que tiña lugar na tarde do 18 de decembro no Barco, discurría polo centro da vila

Primeiro saían os corredores máis xoves, e apenas un cuarto de hora despois, os maiores. A novena edición da Carreira Popular e Solidaria do Turrón do Barco reunía a uns 800 participantes na tarde do 18 de decembro no Barco. O percorrido dos maiores partía dende Andrés de Prada, pasaba pola avenida Conde Fenosa e logo xiraba, por Abdón Blanco, cara o Malecón. A este percorrido podían darse, de forma opcional, ata tres voltas. A meta estaba na mesma praza Andrés de Prada.

A cor vermella era a predominante na indumentaria dos corredores, con alusións relativas ao Nadal e multitude de disfraces. A proba concluía ao redor das nove da noite cunha chocolatada, coa entrega de premios e tamén cun sorteo de agasallos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button