AletismoDeportesÚltima hora

A carreira popular do San Martiño 2022 celebrarase o domingo 20 de novembro

Saída da anterior edición da San Martiño./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A carreira pedestre popular do San Martiño 2022 celebrarase o domingo, día 20 de novembro, segundo  informaba o alcalde de Ourense e presidente do Consello Municipal de Deportes, Gonzalo Pérez Jácome, aos grupos políticos con representación no Concello.

O alcalde informou na xuntanza do Consello Reitor do CMD que a tradicional proba ourensá non se desenvolverá o 13 de novembro, primeiro domingo despois do Día de San Martiño, en solidariedade coa carreira da localidade de Negreira que se levará a cabo ese mesmo día.

Nese senso, explicou Pérez Jácome que por parte do anterior presidente do CMD non se reservou a data do 13 de novembro con antelación na Federación Galega de Atletismo, de forma que, de levarse a cabo a San Martiño ese día, Ourense e Negreira competirían entre si por contar coa participación de atletas que, de celebrarse en datas diferentes, poderían participar nas dúas probas.

Artigos relacionados

Back to top button