CulturaCulturaÚltima hora

A Casa da Cultura de Petín acollerá mañá, 18 de agosto, un espectáculo de títeres

Será a partir das 11 horas no marco do programa Cultura no Camiño

 

A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega ao porto no seu veleiro “Ovos con patacas…” pero nun descoido o pirata Ollo Virollo toma prestada a nave e faise ao mar. Tras 45 minutos de acción… Cumprirá Marina o seu desexo de dar a volta ao planeta?

A resposta a esta pregunta terana os cativos que asistan mañá, mércores 18 de agosto, ao espectáculo de Mircromina Títeres, Vacacións no Mar, unha peza de títeres de luva que conxuga o tradicional estilo da cachiporra cuns caracteres e aconteceres renovados.

O espectáculo está incluído no programa Cultura no Camiño e celebrárase a partir das 11 horas na Casa da Cultura de Petín. As entradas serán gratuítas previa reserva chamando ao teléfono: 988 310 223 en horario de 9 a 14 horas. O aforo será limitado.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button