ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Casa da Cultura de Viana do Bolo acolle a XIV Mostra de Corais

Tivo lugar na tarde noite de onte, once de agosto, e participaron tres agrupacións

A XIV Mostra de Corais de Viana do Bolo, promovida polo Orfeón Vianés en colaboración co Concello, tivo lugar onte, sábado 10 de agosto, na Casa da Cultura. Comezaba ás 20:30 horas, e nela participaban tres agrupacións: a Coral Polifónica de Lalín, o Coro de Ribadavia e o Orfeón Vianés.

A primeira actuación correu a cargo da Coral Polifónica de Lalín, dirixida por Benxamín Otero Otero, a cal interpretou catro pezas: “Yurumí”, “Piel canela”, “La reina del placer” e “Alma, corazón y vida”. A continuación, era o turno do Coro de Ribadavia, dirixido por César Lorenzo Álvarez e interpretando “Ausencia”, “Son borinqueño”, “Háblame del mar”, e “Son cubano”.

 

A presidenta do Orfeón Vianés, Pilar Pérez.

 

Por último, cunha gran ovación, o Orfeón Vianés, dirixido por Vitor Fernández Nogueiras, interpretou “A Virxe do Portvello”, “Rey León”, “Viento del norte”, e “Las espigadoras”.

Ao remate, a concelleira de Cultura, Graciela Dieguez, fixo entrega dun agasallo para as agrupacións visitantes e para os seus directores. Así, interpretaron todas xuntas “O voso galo comadre”.

Artigos relacionados

Back to top button