O Barco súmase á celebración do bicentenario da Policía Nacional. Nestas noites a fachada da Casa Consistorial pode verse iluminada de azul con motivo desta celebración. Dende o ano 2023, este municipio conta cunha Unidade de Documentación da Policía Nacional, situada no segundo andar do edificio Multitusos.