CulturaCulturaÚltima hora

A cea “Barquense do Ano 2022” celebrarase o 1 de abril no Casino do Barco

Asistentes á I Festa do Caldo Ilustrado no Casino cando se daba a coñecer o nome do “Barqquense do Ano 2022”./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Xa hai data para a cea “Barquense do Ano 2022” na que a Asociación Casino do Barco entregará o galardón recuperado tras décadas de parón. Será o vindeiro sábado 1 de abril ás 21 horas no segundo andar do edificio sito no Paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras.

O premiado nesta ocasión é a Asociación de Familiares e Enfermos Mentais (AFEM) Morea, cuxo nome se daba a coñecer a mediados do mes de xaneiro, no marco da celebración da I Festa do Caldo Ilustrado organizada de forma conxunta polo Casino e o IEV.

A data límite para mercar as entradas (29 euros) será o 30 de marzo na sede de Morea e na cafetería do Casino ata completar aforo (150 persoas). O menú que se degustará estará formado por aperitivos, langostinos, costela asada, sobremesa, viño mencía e godello, café e chupitos. O apartado musical correrá a cargo de Sito.

 

Artigos relacionados

Back to top button