Por segundo ano consecutivo a Asociación Sociocultural San Cristóbal daba a benvida ao Nadal na Rúa co acendido da súa propia iluminación e a cea popular.
En torno ás oito da tarde deste sábado 14 de decembro, as estampas navideñas eran iluminadas nas prazas do Cocnello e de Fonte, incluíndo ademais das postais cos desexos de Bo Nadal, un photocall co lema “No hay Navidad sin beso”. E xa dúas horas despois comezaban a II Cea de Nadal convocada pola asociación que reunía a máis de 200 persoas no Casino.
Distribuídos nos dous salóns a cea foi servida por Mantesil e incluíu un concurso de Playback con premios para o primero e segundo clasificado.
A próxima cita será o vindeiro 24 de decembro na Cabalgata de Papá Noel con saída na Estación de Autobuses en torno ás cinco da tarde, e percorrido pola Rúa Vella, Fontei, Petín e rúa Doutor Vila ata rematar na praza do Concello.
Fotos: Mónica G. Bellver