ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

A celebración do 50 aniversario do CEIP Condesa de Fenosa do Barco, en imaxes

 

Era unha celebración que se viña preparando ao longo deste curso e que culminaba nesta semana. A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco celebraba por todo o alto o seu medio século de vida no ensino público. Así, nesta semana inaugurábase un mural, elaborado polo alumnado coa dirección do artista barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, tamén se agochaba o día 2 unha cápsula do tempo no patio do centro e pola tarde tiña lugar o festival do 50 aniversario no pavillón.

 

 

Os actos continuaban neste sábado 3 de xuño culminando así a celebración. Ás 12h. tiña lugar un acto conmemorativo no CEIP coa asistencia de profesorado actual e que ao longo destes 50 anos ten pasado polo centro, así como do xefe territorial de Educación e de inspectores educativos, e do concelleiro en funcións do Barco, Eladio Santos.

 

 

Despois dunha serie de intervencións, que abría a directora do colexio, Carmela García, dábase paso a diversas actuacións e, a partir das dúas, a festa continuaba no Complexo Hostaleiro Palladium cun xantar.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/acto-conmemorativo-do-50-aniversario-do-ceip-condesa-de-fenosa-do-barco/

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button