En portadaÚltima hora

A celebración do Día de Todos os Santos reúne a numerosas persoas no cemiterio do Barco

 

Multitude de persoas asistían esta tarde á celebración do Día de Todos os Santos no cemiterio do Barco. Dende hai días os barquenses preparaban e engalaban con multitude de flores os sepulcros dos seus familiares para esta data.

A celebración relixiosa, oficiada polo párroco do Barco, Jesús Álvarez, iniciábase ás catro e media e no seu decurso o sacerdote facía unha mención especial ás persoas falecidas durante o último ano na vila, citando, un a un, os seus nomes e apelidos. Entre eles estaba o de anterior párroco barquense, Tomás Rodríguez Carbajo.

Como novidade, a misa finalizaba, cun reponso do sacerdote por cada unha das partes do cemiterio barquense. Esta ademais a primeira celebración de Todos os Santos sen restricións por mor da pandemia.

Para a regulación do tráfico tanto na chegada ao cemiterio como na saída, contábase coa Policía Local e co GES Valdeorras.

Fotos: O SIL

Artigos relacionados

Back to top button