EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A CEO lamenta a situación de Irosa e Samaca e apela a “unha pronta solución”

 

Tralos feitos ocorridos onte nas pizarreiras Irosa e Samaca de Carballeda de Valdeorras “dasafiuzadas das súas instalacións”, a Confederación Empresarial de Ourense manifesta o seu desexo de que “se resolva esta situación o antes posible polo ben dunha comarca enormemente ligada a este sector de actividade, e evitar a paralización destas industrias das que dependen máis de 500 traballadores e traballadoras, entre empregos directos e indirectos”.

Dende “o máximo respecto ás decisións xudiciais”, a CEO pon o foco “na pronta e satisfactoria resolución deste conflito para ambas partes, de modo que a actividade destas empresas poida reanudarse canto antes e impedir, desta forma, que a situación se vexa agravada o deteriorada co paso dos días”.

A confederación solicita asemade ás autoridades competentes “a mediación necesaria para restablecer esta actividade nunha comarca tan dinámica e puxante como a de Valdeorras, que basea boa parte da súa economía no peso específico que ten esta actividade, non só para a comarca, senón tamén para a provincia e para toda Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button