CulturaCulturaEntroido 2025MúsicaÚltima horaVídeos

A charanga Bicoia ameniza o Cocido de Entroido na Rúa

 

No mediodía deste martes 4 de marzo celebrábase nunha carpa na Estación de Autobuses da Rúa o xantar popular Cocido de Entroido amenizado pola charanga Bicoia e cun menú composto por sopa, cocido, bica, viño, café e licores.

Era a principal novidade no programa do Entroido do Concello da Rúa (o ano pasado houbo unha cea), que continuaba nesta tarde co desfile de comparsas dende o Campo Grande ata a praza da Estación.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button