CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Charanga El Tattoo celebrará o 1º aniversario cunha festa o 28 de outubro en Trives

Terán como convidadas ás charangas Terras do Bibei (TDB), Sghae e A Felga

 

A Charanga El Tattoo tocando na cea do CarnaVrao da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No mes de novembro de 2022, pouco despois da última actuación da Nova Terras de Trives, botaba a andar a Charanga El Tattoo, nova formación musical con algúns dos membros da desaparecida agrupación.

Trátase dunha agrupación formada na Pobra de Trives, que conta tamén con músicos do Barco, Castro Caldela e ata Celanova que, un ano despois, celebrarán o primeiro aniversario cunha gran festa en Trives.

Será o sábado 28 de outubro e contará con tres charangas convidadas: Terras do Bibei (TDB), Sghae e A Felga; así como varios bares colaboradores (San Martín, O Cafeto, Quintela, Casanova, O Paíño, Sky, Boliche, Cantina e O Bodegón). Tamén colabora o Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button