ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A charanga TLK ameniza a mañá da véspera do Cristo no Barco

 

Continúan as Festas do Cristo 2022 no Barco e se onte era a charanga Terras do Bibei a que facía o pasarrúas matinal, na mañá deste martes día 13 de setembro, véspera do día grande, é a charanga TLK a que percorre as rúas da vila, co seu enérxico son. Comezando na praza do Concello, os músicos levaron o ritmo festivo por cada recuncho.

Pola tarde haberá parque de xogos para os nenos á beira do río, no Malecón e de cara á noitiña subirase ao escenario a orquestra París de Noia que amenizará o baile con dous pases (ás 20:30 e ás 00:59 horas).

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver/ A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button