OurenseÚltima hora

A CHMS construirá unha obra de paso sobre o río Bidueiro en Rairiz de Veiga

Vén de asinarse o convenio entre o Concello e a confederación para esta actuación cun investimento de 190.000 euros

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, asinaban hoxe o convenio para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das obras do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Bidueiro en Ponche Catuxa.

A obra de paso existente, de pequena entidade e en moi mal estado de conservación, consta de catro tubos paralelos de formigón, cubrindo un leito que ten aproximadamente 12 metros de anchura total. As actuacións futuras consistirán na demolición da obra de paso inicial para a execución dunha nova, cuxa forma e tipoloxía definirase no correspondente proxecto construtivo; a nova ponte salvará o leito sen apoios intermedios, coa capacidade hidráulica que esixe a normativa.

“En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará e executará estas actuacións que precisan dun investimento aproximado de 190.000 euros” concluíu Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button