OurenseÚltima hora

A CHMS construirá unha senda fluvial no río Sampil ao seu paso polo concello de Celanova

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Antonio Puga, alcalde do Concello ourensán de Celanova, rubricaron o Convenio de colaboración que posibilita a construción dunha senda fluvial no río Sampil.

Este documento establece as condicións de colaboración para o financiamento e execución das obras e o réxime de entrega das actuacións executadas para o mantemento e conservación pola administración local.

Construirase un paseo fluvial polas marxes do río Sampil partindo do Areal -na contorna das piscinas municipais- e rematando próximo ao núcleo de Mourillós; na zona de expansión do centro urbano de Celanova.

O tramo de actuación ten unha lonxitude aproximada duns 1.320 metros lineais, iniciando o seu percorrido pola marxe esquerda do leito, alternándose o seu trazado por unha marxe ou outra en función das características e dispoñibilidade do terreo e rematarase, tamén pola marxe esquerda, no camiño de servizo da estrada de ligazón coa autovía AG-31.

O investimento total necesario para a actuación estimouse en 828.000€, que serán financiado en porcentaxe 78,27% e 21,73% entre a CHMS e o Concello, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button