O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, presidía hoxe a xornada de presentación do “Plan de Xestión do Risco de Inundación da Demarcación do Miño-Sil, segundo ciclo” na que máis dun cento de asistentes procedentes das distintas AAPP, colectivos e particulares tomaron boa nota das peculiaridades incluídas no novo texto.
“As inundacións constitúen un risco natural que ao longo do tempo provocaron danos ás persoas e aos seus bens, polo que é importante loitar contra os efectos destas a través da implantación de sistemas de alerta, da coordinación entre as distintas AAPP, da corrección hidrolóxico-forestal e da correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio”, subliñou Quiroga
En 2007, o Parlamento Europeo aprobou a Directiva 2007/60/CE, relativa á avaliación e xestión dos riscos de inundación (transpuesta ao ordenamento xurídico español a través do Real Decreto 903/2010, do 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación).
Esta normativa esixe as seguintes tarefas, que se revisan cada 6 anos: Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI) e identificación das Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs), elaboración dos Mapas de perigo e mapas de risco de inundación (MPRI) e redacción dos Plans de Xestión do Risco de Inundación (PGRI).
O novo PGRI
Os PGRI constitúen a fase final dos traballos e teñen como obxectivo lograr unha actuación coordinada de todas as administracións públicas e da sociedade para diminuír os riscos de inundación e reducir as consecuencias negativas das inundacións, baseándose nos programas de medidas e os principios de solidariedade, coordinación, cooperación interadministrativa e respecto ao medio ambiente.
Neste novo Plan melloráronse algúns aspectos xa identificados no ciclo anterior, entre os que destacan: unha mellor definición dos indicadores de avaliación; maior énfase na introdución de medidas de retención natural da auga (infraestruturas verdes), como alternativa máis adecuada fronte a medidas de protección tradicionais; emprego dunha nova metodoloxía de análise custos/beneficios; visibilizar e valorizar os efectos do cambio climático; e incorporar a Estratexia Nacional de Protección Civil e os novos Plans Especiais Autonómicos de Emerxencia ante o Risco de Inundacións.
En canto aos obxectivos principais dos PGRI destaca a concienciación social dos riscos das inundacións e das estratexias para seguir; ademais da total coordinación administrativa e da mellora de coñecemento entre os actores involucrados na xestión do risco de inundación (Administracións Locais, Protección Civil etc.)/ etc.) como clave para a prevención e a preparación #ante calquera incidencia.
“Por último, é fundamental que as administracións e tamén os cidadáns coñezan a existencia das ferramentas de consulta dispoñibles, estas poden resultar moi útiles para evitar situacións sobrevindas, susceptibles de producir danos ás persoas e ou aos seus bens. Trátase de diminuír, minorar e prever o impacto que poidan ter as inundacións, ao non estar na nosa man impedilas” concluíu o presidente.