OurenseÚltima hora

Actuacións para o acondicionamento do cauce e marxes do río Badella ao seu paso por Bande

O investimento estimado superará os 380.000€, que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense, pola súa banda, o Concello de Bande porá a disposición os terreos necesarios

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS); Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; e Sandra Quintas, alcaldesa de Bande, rubricaban o 30 de marzo un convenio que posibilitará as actuacións de acondicionamento de leito e marxes do río Badella ao seu paso por ese municipio.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións que se contemplan no proxecto.

O río Badella, tamén coñecido como río Corga, presenta un alto grao de degradación ambiental ao seu paso polo núcleo urbano de Bande, froito do crecemento urbano pouco sostible do núcleo principal. Para resolver esta situación de degradación do dominio público hidráulico e a súa contorna, no ano 2012 este organismo de conca executou unha serie de actuacións para recuperasen este espazo natural.

A eficacia da actuación citada levou á toma en consideración da prolongación do acondicionamento do devandito espazo fluvial, co obxecto de continuar a recuperación do mesmo, para o seu uso e goce dos cidadáns.

 

 

O novo proxecto

En aras da colaboración entre administracións, a CHMS cofinanciará e executará a prolongación do carreiro fluvial, nunha lonxitude aproximada de 800 metros, así como na limpeza do río e tratamento silvícola da vexetación de ribeira. Estas actuacións, que requiren dun investimento de máis de 380.000 €, serán sufragados nun 80% pola CHMS, o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense e, pola súa banda, o Concello de Bande poñerá a disposición os terreos necesarios para executar as obras.

“Desde este organismo de conca consideramos que a colaboración institucional é clave para executar proxectos que respecten, valoricen e melloren o medio ambiente e a calidade das augas dos nosos leitos”, explicou Quiroga. “Os cidadáns teñen o dereito para gozar da riqueza ambiental presente na demarcación do Miño-Sil e, para iso, as distintas administracións temos o deber de valorizar e de potenciar o atractivo dos distintos municipios, pero sen obviar a normativa que implica un desenvolvemento máis sostible” matizou o presidente.

Artigos relacionados

Back to top button