OurenseÚltima hora

A CHMS crea unha comisión para dar solución temporal á problemática do regadío de A Limia

O presidente do organismo mantivo encontro coas catro Comunidades de Regantes de A Limia

As Comunidades de Regadores da Limia (Corno do Monte, San Salvador de Sabucedo, Alta Limia e Lamas – Ganade), mantiveron un encontro con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O obxectivo desta reunión era o de dar solución á problemática de regadío na zona.

 

Durante a reunión.

 

“Estamos ante unha solución temporal, previa á necesaria modernización do regadío, nunha zona cuxa actividade económica xira en torno ao campo. As comunidades de regadores levan anos demandando unha solución para unha comarca con singularidade propia”, comentou o presidente da CHMS.

Ademais, explicou que “a modernización do regadío é a solución a medio prazo, supón un investimento importante e a execución da mesma require dun proxecto pormenorizado, a súa correspondente tramitación administrativa e un prazo de execución, mentres tanto a solución temporal levará a cabo coa creación dunha Comisión de Seguimento a través da CHMS asesorará ás CCRR na tramitación de pozos que faciliten a rega das parcelas con garantía legal, evitando así as extraccións ilegais de auga”.

Artigos relacionados

Back to top button