PolíticaÚltima hora

Margarida Pizcueta e Patricia Domínguez, entre os membros da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe a “reactivar” ao PSdeG cunha estratexia baseada na “unidade de acción” e cun proxecto autónomo que o sitúe con opcións de recuperar o goberno galego. Facíao na clausura do Congreso Extraordinario que rematou o proceso de relevo no partido,  no que tamén interveu o ministro de Transportes, Óscar Puente.

Besteiro presentou un proxecto deseñado para “conectar mellor cos galegos e galegas”, para que volva ser “o partido dos mozos e mozas”, e que defenda unha Galicia “autónoma, pero aberta e conectada a España, a Europa e ao mundo”. Subliñou que “somos socialistas, somos galeguistas, o partido, da igualdade, das liberdades, dos dereitos”.

 

 

Reivindicou o feminismo como eixo da natureza e do proxecto socialista, que é tamén “o partido do emprego digno, das entes do mar e dos traballadores e traballadoras do campo”. Presentouse como representante do partido “da lingua galega, da cultura galega, do autogoberno, dos concellos, da sanidade e a educación públicas, do medio ambiente e das oportunidades para todos e todas”.

Na mañá deste domingo 28 de abril elixíase Comisión Executiva Nacional Galega da que forman parte a concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras, Margarida Pizcueta (Secretaría da Lingua) e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez Barja (Secretaría de Emprendemento e Traballo Autónomo).

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button