En portadaÚltima hora

A CHMS estuda sancionar a Adif polo vagón caído ao río en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

Aseguran que a empresa non tiña autorización para tiralo

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) está a estudar interpoñer unha sanción a Adif polo vagón do tren caído ao río o pasado domingo, 2 de agosto, en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), despois de que descarrilara con anterioridade.

 

 

Dende a Confederación aseguran que Adif non tiña autorización para tirar o vagón pola ladeira ata o río. Ademais, tamén explican que o domingo recibiuse unha chamada ao Centro de Control Cuenca solicitando sacar o vagón polo río, ao que se respondeu que só se podería levar a cabo esta acción se non houbera outra alternativa.

“Os servizos técnicos do Organismo de conca continúan realizando un seguimento das posibles afeccións á calidade das augas mediante mostraxes periódicas, así como outras dilixencias e labores de investigación, visualización de vídeos, fotografías de informes de gardería fluvial, con obxecto de esclarecer os feitos e determinar, no seu caso, os danos ocasionados ao dominio público hidráulico e as súas zonas de protección, e se estes fosen constitutivos de infracción da lexislación de augas, proceder á incoación do correspondente expediente sancionador”, afirman.

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button