DeportesMontañismoÚltima hora

A chuvia caída onte impide a apertura das pistas de esquí na Estación de Montaña Manzaneda

Estado da Estación de Montaña Manzaneda na mañá deste venres.

 

Finalmente non pudo ser. Dende a Estación de Montaña Manzaneda informan de que as choivas (interrompidas desde onte ás 4 da tarde) “frustraron a posibilidade de que puidésemos abrir hoxe como tiñamos previsto para esquiar”.

A través das redes sociais, aseguran que “todo o traballo desta semana serviu para demostrarnos que con neve e un bo funcionamento dos canóns, podemos ter a Estación en óptimas condicións para a práctica do esquí, pero tamén que contra os elementos (choiva e temperatura neste caso) pouco ou nada se pode facer”.

A Estación está a rexistrar neste momento temperaturas de dous graos na base e case os mesmos nas súas cotas máis altas. Para quen se anime a ir á neve, xogar con ela ou pasear, están abertos os servizos de restauración e tamén o telecadeiras para uso turístico, “se as condicións o permiten”, puntualizan.

Artigos relacionados

Back to top button