Cun total de 975 entradas vendidas se desenvolvía na tarde e noite do sábado 31 de agosto unha nova edición da Ruta das Bodegas en Petín que coma sempre tiña como centro neurálxico a rúa Santiago, para logo despregarse por diferentes puntos da localidade malia a chuvia que sorprendía xa de noite.
Os participantes, cunca en man, iniciaban un percorrido polas quince adegas que abrían nesta edición (cinco máis que o ano pasado), para desfrutar dos seus viños e tamén de petiscos (como ensaladilla, torta de maza ou panceta asada acompañada de pan, así como de embutidos e outras viandas); e tamén do seu interior xa que algunhas destas adegas son auténticos museos con singulares obxectos, algúns relacionados co mundo do viño e outros non.
Nesta cita, promovida pola Asociación Fonte Grande en colaboración co Concello de Petín, tampouco faltou a música, a cargo nesta ocasión do grupo Pándega. A festa continuaba despois na praza coa discomóbil Danzalia.
Fotos e vídeo cedido.