DeportesÚltima hora

A ciclista olímpica Ane Santesteban correrá na Volta feminina cuxa primeira etapa rematará na Rúa

A deportista vasca residente en Maceda reuníase co presidente da Deputación nas instalación do CC Maceda

Manuel Baltar e a ciclista olímpica Ane Santesteban.

 

O vindeiro 2 de setembro arrancará na Estación de Montaña Manzaneda a Volta a España feminina na que participarán 144 ciclistas de 24 equipos de dez nacionalidades.

Entre esas deportistas que pedalexarán por terras valdeorresas e trivesas na vindeira semana está a olímpica Ane Santesteban, depotista vasca residente en Maceda que valora moi positivamente o paso de tres das catro etapas pola provincia de Ourense. “Estes últimos anos fixen moitos quilómetros polas estradas ourensás. En Manzaneda estiven moitas veces concentrada pola altura e as vías que ten. Vai ser unha Volta moi dura, máis do que parece sobre o papel. Estiven vendo as etapas ben e hai zonas complicadas de xestionar. Haberá que ver día a día”, asegura, recoñecendo que tralos Xogos Olímpicos de Tokio tomouse un tempo de descanso e agora está con moitas ganas. “Adestrei ben, e sobre todo para a terceira etapa, que pasa por Maceda, teño moitísimas ganas. Son moi ambiciosa, sempre quero máis e iso faime seguir ano a ano mellorando”.

A ciclista reuniase hoxe co presidente da Deputación Manuel Baltar nas instalacións do CC Maceda xestionado por Xulio Conde, onde destacou o papel do club e da Escola Jose Antonio Hermida, así como a Ourense como unha terra de ciclismo e unha provincia que vai vivir a Volta a España Feminina. “Somos un territorio que está a xerar un ecosistema de turismo deportivo e a Volta é unha aposta clara coa Estación de Montaña Manzaneda cun protagonismo especial. A primeira etapa que rematará na Rúa, a cronoescalada en Manzaneda e a terceira que rematará en Pereiro de Aguiar son postais deste verán e deste ano a nivel deportivo. Hai unha alianza coa Volta, que vén de lonxe, e que seguirá acollendo esta provincia”, conclúe Baltar.

 

Artigos relacionados

Back to top button