OurenseÚltima hora

A cidade de Ourense e o concello do Barbadás volven ao peche perimetral

Ambos concellos pasan ao nivel de restricións medio-alto, tal e como se anunciaba tras a reunión do Subcomité clínico

Vista da cidade de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta semana a cidade de Ourense rexistraba un aumento na incidencia acumulada de coronavirus, pasando de 140 a 217 casos por 100.000 habitantes a siete días. “Ten sido un aumento substancial, que se ten producido só na pasada semana, nas anteriores estaba por baixo de 150”, segundo indicaba a doutora Carmen Durán, durante a rolda de prensa na que participaba xunto ao conselleiro de Sanidade para dar conta dos acordos tomados na xuntanza desta mañá do Subcomité clínico.

Ante esta situación, unha das medidas que se tomaban no encontro era volver restablecer nos concellos de Ourense e Barbadás ao nivel medio-alto de restricións. Isto implicará, novamente, o peche perimetral de ambos así como a que a hostalería abra cun 30% de ocupación interior e 50% nas terrazas, con horario límite das seis da tarde e grupos máximos de catro persoas, sexan ou non conviventes. Ourense incrementou de 140 a 217 a incidencia acumulada, aínda que isto ocorreu durante esta semana.

Estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de hoxe e entrarán en vigor ás 00,00 horas do sábado.

O vindeiro martes haberá unha nova xuntanza, neste caso do comité clínico onde se poderían tomar novas medias na hostalería, ante a evolución da situación actual.

Artigos relacionados

Back to top button