OurenseÚltima hora

A cidade de Ourense honra ao seu patrón, San Martiño

 

Cunha solemne eucaristía presidida polo bispo monseñor Lemos Montanet, comezaban os actos na hora a San Martiño, patrón de Ourense.

Coma sempre, a tradicional ofrenda ao patrón corría a cargo do alcalde Gonzalo Pérez Jácome, que comezaba lembrando que a cidade recuperaba “con grande ledicia, esta fermosa tradición na que che trasladamos o agarimo e gratitude da nosa veciñanza pola protección e padroado que nos ofreces desde séculos atrás”.

No seu discurso, Pérez Jácome lembraba os malos momentos vividos o ano pasao por mor da pandemia, asegurando que teñen por diante moitos retos que “debeos afrontar con compromiso e solidariedade, que son a única vía para afrontar os retos globais e locais que afronta o mundo hoxendía”, dixo, engadindo que “temos a responsabilidade de actuar fronte á crise ecolóxica, xa que os países non se comprometen a frear o cambio climático; temos o desexo de que desaparezan as guerras, que seguen a sementar de morte e destrución as vidas de milleiros de veciños do mundo; e non podemos ficar indiferentes ante a crise humanitaria que obriga ao éxodo a milleiros de persoas inmigrantes en busca dun lugar onde vivir cun mínimo de dignidade. Xentes inocentes que chegan ao mundo desenvolvido e o que atopan son valados e muro, cando non a morte camiño das terras nas que buscaban acollida”.

 

 

Diante dos sacerdotes e da corporación municipal, amais dos fegreses, o alcalde asegurou que “Ourense quere erguer a man e comprometerse cun mundo mellor”, pedindo axuda ao patrón “con lembranza dos que non están xa con nós, con compaixón con aqueles que os botan en falla e con compromiso con todos os que quedamos. Pasou o máis grave da pandemia pero quedan moitos, moitos, retos por afrontar”, concluía.

A festa continuaba pola tarde con actividades de teatro e música polas rúas, reparto de castañas e a actuación da orquestra París de Noia.

Artigos relacionados

Back to top button