SanidadeÚltima hora

A CIG Saúde inicia unha campaña de mobilizacións en defensa do Hospital de Valdeorras

 

Cun acto sinxelo, pero rotundo, iniciaba a CIG no mediodía deste 9 de setembro unha campaña de mobilizacións en defensa do Hospital Público de Valdeorras (HPV) , no Barco. Traballadores deste centro sanitario concentrábanse na entrada principal do mesmo para “loitar polos dereitos roubados. Tanto polos dereitos sanitarios da poboación, como polos dereitos laborais dos profesionais sanitarios”.

“O Hospital de Valdeorras está completamente destrozado”, dicía con rotuntidade Suso Vilasánchez, representante de CIG Saúde na Xunta de Persoal do HPV. E, nese senso, referíase á falta de profesionais en moitos servizos como traumatoloxía, cirurxía, medicina interna, dermatoloxía, radioloxía, etc, incidindo tamén na situación da UCI Móbil, “que é un verdadeiro esperpento”.

Vilasánchez resaltaba que “a realidade deste hospital é que non ten médicos, non temos profesionais nin servizos. É tal o desastre que dende CIG Saúde decicimos dicir que xa está ben. Imos iniciar unha campaña de mobilizacións, de actos reivindicativos que irán sendo cada vez máis serios e mesmo non descartamos convocar unha manifestación”.

Artigos relacionados

Back to top button