SanidadeÚltima horaVídeos

O doutor Gayoso despídese, por xubilación, dos seus compañeiros do Hospital Público Valdeorras

 

Continúan as xubilacións no ámbito sanitario na comarca de Valdeorras. Hoxe tocáballe ao doutor Gayoso, facultativo no Hospital do Barco dende hai máis de tres décadas.

 

 

Roberto Gayoso García chegaba dende A Coruña en 1992 para o ocupar o seu posto no hospital valdeorrés como cirurxián e no mediodía deste venres 9 de maio, 33 anos despois, despedíase dos seus compañeiros cunha pinchada na cafetería do propio hospital. Alí reuníanse médicos, enfermeiras, técnicos,… algúns xa xubilados e outros aínda exercendo, que compartiron con el uns petiscos.

Ademais da súa xubilación o doutor celebraba tamén o seu 70 aniversario, recibindo por sorpresa unha tarta cuxas veas sopraba entre aplausos e risas.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button