EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A colleita 2022 da D.O. Monterrei cualificada de “moi boa”

 

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acollía esta mañá a Cata de Cualificación da Colleita 2022. Nela participaban representantes de asociacións profesionais, medios de comunicación, de Consellos Reguladores vivinitícolas e do panel oficial da denominación, que cualificaron como “moi boa” a anada 2022 dos viños de Monterrei.

Este equipo de cata destacaba que “en brancos, é unha anada de moita froita, perfectos para consumir, pero sen perder a esencia dos viños de Monterrei. Respecto aos tintos, é unha gran anada, con froita, frescor, cunha boca sublime e moi persistentes”.

Co obxecto de valorar a presente colleita, unha representación proporcional de viños da denominación someteuse ao xuízo do panel. Estas mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, mantendo desta forma criterios de obxectividade ao tratarse de mostras anónimas. A nota final ha resultado do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

O panel de cata estivo conformado polos seguintes expertos:
– Maira Rato (membro representante da Asociación de Enólogoes/Enólogos de Galicia).
– María Ángeles Rodríguez (xornalista do Periódico O Sil).
– Pedro Sestayo (presidente da Asociación de Sumilleres de Galicia ‘Gallaecia’).
– Rodrigo A. Enríquez (técnico representante do C.R.D.O. Valdeorras).
– Ruth Fernández (técnica representante do C.R.D.O. Ribeira Sacra).
– Rebeca André (Panel Oficial do C.R.D.O. Monterrei).
– Begoña Gómez (Panel Oficial do C.R.D.O. Monterrei).

Artigos relacionados

Back to top button