ConcellosÚltima hora

A comarca de Valdeorras contabiliza 157 casos activos de Covid, 10 menos que onte

Vista panorámica da Rúa dende o Barranco Rubio.

 

Seguen baixando os positivos de Covid en Valdeorras. A comarca suma un total de 157 casos activos de coronavirus (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 10 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

O único concello que rexistra suba de casos é Carballeda de Valdeorras con 8 (1 máis que onte). Por contra, os positivos de coronavirus baixan no Barco con 47 (6 menos que onte), na Rúa con 73 (3 menos que onte), Rubiá con 6 (1 menos que onte) e A Veiga con 1 (1 menos que onte).

Mantéñense os casos no Bolo con 4 positivos, en Larouco con 2, en Petín con 6 e en Vilamartín con 10, as mesmas cifras que onte.

En canto ás hospitalizacións, o Hospital Público de Valdeorras ten 5 ingresos por Covid en planta, 1 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button