ConcellosEn portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras rexistra 140 casos activos de Covid, 14 menos que o luns

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Seguen baixan os casos activos de Covid en Valdeorras. Na xornada deste mércores 2 de marzo a comarca contabiliza un total de 140 positivos, segundo os datos que vén de facer públicos a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte). Isto supón 14 positivos menos que os rexistrados o luns (onte non publicaron os datos).

Os únicos concellos que experimentan unha leve repunta de casos son Larouco con 5 contaxios (3 máis que o luns), Rubiá con 13 positivos (2 máis que o luns) e Vilamartín con 4 (1 máis que o luns).

En cambio, baixan os contaxios no Barco con 69 positivos (7 menos que o luns), no Bolo con 1 (1 menos que o luns), en Carballeda con 26 (1 menos que o luns), en Petín con 3 (2 menos que o luns) e na Rúa con 19 (9 menos que o luns). A Veiga continúa libre de virus.

Por outra banda, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 4 ingresos en planta por Covid, os mesmos que o luns.

Artigos relacionados

Back to top button