Lixeira baixa no total de casos activos de Covid en Valdeorras, na xornada deste venres 1 de abril. A comarca rexistra 144 positivos, o que supón 1 menos que onte, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).
De feito, o único concello no que baixan os positivos é O Barco que hoxe conta con 79 casos activos (5 menos que onte). Por contra aumentan os contaxios na Rúa con 23 (2 máis que onte) e Vilamartín de Valdeorras con 17 (2 máis que onte).
No resto de concellos valdeorreses mantéñense os datos. O Bolo segue con 5 positivos, Carballeda de Valdeorras con 7, Rubiá tamén con 7 positivos e A Veiga con 6, ademais de Larouco e Petín que continúan libres de coronavirus.
Tamén se manteñen os ingresos en planta por Covid no Hospital Público de Valdeorras con 4, os mesmos que onte.