ConcellosÚltima hora

A comarca de Valdeorras sobe ata os 113 casos activos de Covid, 20 máis que onte

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de ascenso nos casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, cun total de 113 positivos, o que supón 20 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 13 de xullo.

No Barco son 96 os positivos, o que supón un ascenso de 18 casos casos con respecto á xornada de onte. Tamén sube o número de casos activos en Rubiá que pasa de 4 a 5 e A Rúa que suma 4, 1 máis que onte.

A estabilidade prevalece no resto de concellos da comarca. Vilamartín conta con 5 casos activos, A Veiga con 2 e Carballeda con 1. O resto non rexistr ningún positivo.

Artigos relacionados

Back to top button