En portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras suma 183 casos activos de Covid, 4 máis que onte

Soben os positivos no Barco, na Rúa e en Petín

Unha das entradaas á Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

De forma lixeira, pero seguen subindo os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Así, a comarca contabiliza un total de 183 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 4 máis que onte, segundo as cifras feitas públicas pola Consellería de Sanidade.

Repuntan os contaxios no Barco con 62 positivos (3 máis que onte), en Petín con 5 (1 máis que onte) e na Rúa que conta con 68 casos activos (7 máis que onte). Por contra, os casos activos baixan en Carballeda de Valdeorras con 25 (2 menos que onte) e en Rubiá con 7 (5 menos que onte).

Ademais mantéñense os datos no Bolo con 1 positivo, en Larouco con 7, na Veiga con 3 e en Vilamartín de Valdeorras con 5 positivos, as mesmas cifras que onte.

En canto aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 6 hospitalizacións en planta por coronavirus, as mesmas que onte.

Artigos relacionados

Back to top button