ConcellosÚltima hora

A comarca de Valdeorras ten 305 casos activos de Covid, 55 menos que o venres

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Continúa o descenso nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. Así, neste luns 7 de febreiro a comarca rexistra 305 positivos, o que supón 55 menos que o venres, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

Por concellos, baixan os casos no Barco con 190 positivos (40 menos que o venres), en Carballeda con 5 (7 menos que o venres), en Larouco con 1 (3 menos que o venres), en Petín con 6 (1 menos que o venres), na Rúa con 53 (2 menos), en Rubiá con 11 (9 menos) e en Vilamartín con 15 (2 menos que o venres).

Os únicos municipios nos que se rexistra unha leve suba son O Bolo con 9 positivos, 6 máis que o venres; e A Veiga con 15, 3 máis.

O Hospital Público de Valdeorras ten neste luns 7 ingresos por coronavirus en planta, a mesma cifra que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button