DeportesMotociclismoÚltima hora

A competición de Trial desta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda, desenvolverase en dez áreas con cinco niveis

Os pilotos Toni Bou, 34 veces campión do mundo; Jorge Casais e Rodrigo Marchal estarán entre os 80 participantes e ofrecerán exhibicións e asesoramento

 

A Estación de Montaña Manzaneda acollerá esta fin de semana nas súas instalacións á elite nacional e mundial do Trial para a inauguración dunha área permanente para a práctica desta disciplina. Exhibicións e competición alternaranse entre o sábado e o domingo en dez zonas con cinco niveles de dificultade entre a nova área e a zona natural.

Desde a organización estímase que medio milleiro de persoas asistan como público para ver aos pilotos de renome, non só a nivel nacional senón internacional, que comezarán a chegar á estación de montaña nas próximas horas. Trátase de Toni Bou, piloto oficial do equipo Montesa Repsol-Fonda e 34 veces campión do mundo; o galego Jorge Casais, piloto oficial Scorpa, subcampión de España e campión do mundo Jr, e Rodrigo Marchal, piloto oficial Electric Motion, campión de España TR3. Ofrecerán exhibicións e asesorarán aos participantes.

Dani Barros, responsable da organización do Trial, supervisou onte o terreo e asegurou que a Estación de Montaña Manzaneda preséntase como “un lugar idóneo para a práctica desta disciplina deportiva”. O evento desta fin de semana “promete”, di, asegurando que “os pilotos poderán aproveitar a área permanente e tamén a zona natural do monte con diferentes graos de dificultade”.

 

 

A programación arrincará o sábado 18 de novembro ás 8:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas e co briefing a partir das 11:15 horas. Os pilotos farán unha exhibición a 11:45 horas, interactuando co resto de participantes nos obstáculos da área permanente. Entre as 12:30 e as 18 horas, ademais do desenvolvemento normal da competición de trial, os pilotos farán exhibicións e asesorarán aos participantes. Ás 18:30 horas está previsto o inicio da cerimonia de entrega de premios e, a partir de das 19 horas, un concerto.

O domingo 19 de novembro as verificacións realizaranse de 8:30 a 9:30 horas. A competición de trial desenvolverase de 10 a 16 horas coa mesma metodoloxía que a exhibición do sábado. De 16 a 16:30 horas realizarase unha exhibición de despedida dos pilotos invitados. A cerimonia de entrega de premios será a partir das 16:45 horas.

Artigos relacionados

Back to top button