“O BNG conta cunha candidatura de excelencia encabezada por Noa Presas, a voz de Ourense no Parlamento, á que se quere sumar a de Iago Tabarés, María González ou Diego Lourenzo, homes e mulleres comprometidos, que queren a esta terra, que teñen as man libres para defender os intereses da provincia, que vai ser decisiva na derrota do candidato do PP”. Ana Pontón referíase con estas palabras á candidatura do BNG na provincia de Ourense ás vindeiras eleccións galegas no acto de presentación que tiña lugar esta mañá na cidade das Burgas.
“Feixóo xa tivo aquí a súa primeira derrota, coa extraordinario mobilización social de Verín non se pecha e o 12 de xullo imos ganar a batalla definitiva nas urnas dando carpetazo a estes dez anos de retroceso, de recortes, de desmantelamento de servizos e de perda de oportunidades para Ourense”, resaltou, “un cambio galego máis necesario ca nunca na Galiza post COVID19”, indicía Pontón.
A lista do BNG na provincia, encabezada por Noa Presas, inclúe tamén como número 3 á concelleira ruesa María Albert e como número 4 ao tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo. Durante a presentación a número 1 da lista por Ourense indicaba que “estamos nun momento clave e as decisións que se tomen van marcar o futuro desta provincia” e destacaba que os obxectivos da candidatura nacionalista son “canalizar o apoio de todas as persoas que entenden que Ourense merece máis e abrir unha nova páxina na nosa historia, e mobilizarse sendo conscientes de que é o lugar onde se xoga a maioría absoluta o PP, é aquí onde ten que caer”.

Presas indicou que o BNG defende un Ourense “que non se resigna e, por contra, ten unha veciñanza capaz de organizarse ante o abandono da Xunta, ante o abandono de familias enteiras e a doentes como aconteceu na residencia San Carlos de Celanova. Desexo recoller todo o apoio dese Ourense que non se resigna, que protesta nas portas do CHUO, que impide que se peche a sala de partos de Verín, ese Ourense será o que posibilite o cambio galego da man do BNG o vindeiro 12X”, concluíu.
Nestas eleccións o BNG presenta un programa de goberno que aposta por facer da provincia “un lugar no que vivir e traballar, con benestar social, aproveitando todo o potencial de Ourense”. No plano económico e de creación de emprego consideran ao “medio rural como un sector estratéxico desde o punto de vista económico, social e de preservación do territorio, favorecer unha relación comercial que permita rendas xustas para os produtores con contratos homologados fixando prezos mínimo, defensa dun rural do século XX, que aposte pola I+D+i e pola transformación dos produtos agrogandeiros para xerar valor engadido e máis renda. Igualmente, aposta polo comercio local, afondar no potencial turístico e reforzar o sector vitivinícola, fundamentais para reactivar a economía da provincia”.
No referente aos servizos sociais defenden “reverter os recortes e reforzar os hospitais comarcais e no das infraestruturas, activar esta provincia pasa tamén por darlle unhas comunicacións do século XXI cun servizo de tren moderno con prezos e horarios competitivos.
Fotos cedidas.
Candidatura do BNG por Ourense
- Noa Presas Bergantiños. Deputada no Parlamento da Galiza. Fai parte do Consello Nacional.
- Iago Tabarés Pérez-Piñeiro. Ourense. Avogado.
- María González Albert. A Rúa. Licenciada en xornalismo. Empregada na respostaría creativa. Foi alcaldesa desta vila.
- Diego Lourenzo Moura. Verín. Graduado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de alcalde. Fai parte do Consello Nacional.
- Ernesta Seoane Álvarez. Celanova. Delegada da CIG nun centro especial de emprego.
- Xosé Manuel Puga González. Barbadás. Técnico de desenvolvemento do rural.
- Mariana Rivera Civeira. San Amaro. Estudante e militante de Galiza Nova.
- Eugenio Quintas Alborés. Verín. Médico.
- Rebeca Paz Vázquez. Leiro. Traballadora de Correos.
- Francisco García Suárez. Allariz. Foi alcalde desta vila. Fai parte do Consello Nacional.
- Sonia Álvarez Feixóo. Ourense. Presidenta da Asociación “Arrolos de teta” e activista da CIG-Ensino.
- Xosé Carballido Presas. Ourense. Traballador da Xunta. Foi Director Xeral na Consellaría do Medio Rural.
- Raquel Fernández Fernández. A Gudiña. Educadora social.
- Alfredo Suárez Canal. Ourense. Foi Conselleiro do Medio Rural.
SUPLENTES:
- Xosé Diego Pérez Fontes. Ourense. Traballador de cociña no CHOU.
- Noa Fernández Gómez. Rubiá. Avogada.
- Xosé Manuel Fírvida Plaza. Barbadás. Traballador público.
- Tamara Álvarez Vázquez. A Teixeira. Autónoma no comercio.
- Santi Rodríguez Cid. Cartelle. Labrego e youtuber.