BaloncestoDeportesÚltima hora

A Concentración Baby Básket 2025 clausúrase no Barco o 24 de maio

 

En plenas festas de Santa Rita, o vindeiro sábado 24 de maio pola tarde, de 15:30 a 18:45 horas, clausuraraseno pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, a Concentración de Baby Básket 2025.

Organizado polo MV Barco que xogará no grupo C xunto a Val de Lemos, Xinzo e Allariz, coa colaboración da FEGABA e o Concello contará cun total de 14 equipos, en catro grupos e segundo as normas do torneo, cada equipo terá un mínimo de 6 xogadores e un máximo de 10. Os partidos xogaranse en formato de 4 x 4 nun período de 20 minutos a reloxo corrido. Poderanse facer cambios durante o encontro e non haberá resultados.

A foto de familia farase arredor das cinco da tarde.

 

Artigos relacionados

Back to top button