OurenseÚltima hora

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) adhírese á nova ferramenta tecnolóxica do Servizo Público de Emprego

Na sinatura do convenio o presidente da Xunta destacou hoxe "a importancia da colaboración do tecido empresarial galego no impulso ao novo SPEG co apoio da intelixencia artificial"

Publicidade

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da colaboración do tecido empresarial galego no impulso ao novo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) co apoio da intelixencia artificial, co obxectivo de mellorar a inserción no mercado laboral da Comunidade.

“Xuntos estamos máis cerca de resolver os problemas na cobertura de vacantes laborais cos que se están a atopar moitos sectores e empresas”, subliñou, logo de participar na firma do convenio de adhesión da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) á nova ferramenta tecnolóxica do Servizo.

Na súa intervención, explicou que se trata dunha ferramenta de analítica “eficaz” para a colocación de persoal, segundo á demanda do mercado laboral galego. Deste xeito, valorou que se atende á vez ás persoas en procura de emprego e ás empresas, identificando, a través da intelixencia artificial e da analítica avanzada, as necesidades do mercado laboral en tempo real para axustar a oferta á demanda.

 

 

O titular do Executivo galego admitiu que chega “no momento xusto” ante a perspectiva dun escenario económico “complexo” e “complicado”. No entanto, valorou a posta en marcha de esta aplicación que considerou que demostra que o Goberno galego non caeu no “inmobilismo”. “Vai ser un éxito porque fai moita falta e pode cambiar as cousas” xa que apuntou que “axustará a oferta á demanda cunha procura eficaz de perfís.

Rueda enxalzou que con este sistema de analítica avanzada, que se atopa a piques de ser adxudicado por 5,7 millóns de euros, Galicia situarase na “dianteira” en España na aplicación desta tecnoloxía, ao tempo que sinalou que o software apoiará o labor dos técnicos do Servizo; favorecerá que as empresas atopen traballadores coas competencias que precisen en cada momento; e orientarase á mellora dos índices de colocación no mercado laboral.

“Con esta ferramenta estamos máis preto de resolver o problema da procura de vacantes laborais”, remarcou o presidente, quen admitiu que chega “no momento xusto” ante a perspectiva dun escenario económico “complexo” e “complicado”. No entanto, valorou a posta en marcha de esta aplicación que considerou que demostra que o Goberno galego non caeu no “inmobilismo”. “Vai ser un éxito porque fai moita falta e pode cambiar as cousas”, augurou.

Artigos relacionados

Back to top button