ConcellosO BarcoÚltima hora

A Cooperativa Xesús Nazareno do Barco inicia a vendima con boas expectativas en calidade e produción

 

Moito trasfego e movemento na Cooperativa Xesús Nazareno do Barco, a adega de maior produción da Denominación de Orixe Valdeorras. Na xornada do 1 de setembro chegaban as primeiras uvas deste 2023 ás súas instalacións, abríndose deste xeito a campaña, cunha actividade importante durante a pasada fin de semana e que continuaba neste luns 4 de setembro.

 

 

As expectativas son moi boas para esta vendima tanto en calidade como en produción, tal e como adianta o xerente da adega, Alfredo Fernández. “Esperamos superar a colleita do ano pasado, a uva vén nunhas moi boas condicións, e polo de agora os rendementos en hectáreas son bos”. Tamén confía e que a meteoroloxía axude, xa que aínda quedan por diante días de vendima nesta cooperativa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button