DeportesEn portadaFútbolÚltima hora

A copa do VII Memorial Miguel Fariñas do Barco marcha para A Coruña

O Silva SD vencía no triangular de fútbol disputado no Campiño de Viloira

 

Unha intensa tarde de fútbol se vivía na tarde deste sábado 27 de agosto no Campiño de Viloira. Da man do Centro de Deportes Barco e con motivo do 50º aniversario que celebrará o ano que vén, a sétima edición do Memorial Miguel Fariñas convertíase este ano nun triangular no que participaban o cadro barquense, os veciños da SD Ponferradina B e os compañeiros de liga do Silva SD que se convertían nos flamantes campións.

 

Ponferradina B e Silva.

 

Afeccionados desfrutando do triangular.

 

Ponferradina B-CD Barco.

 

En plena pretempada para os tres equipos, foi unha tarde de empates que se resolvían nos penaltis. Así foi polo menos no primeiro partido Silva-Ponferradina B que tralo empate a ceros vencía o cadro coruñés na tanda de penaltis (5-4); e tamén no segundo Barco-Ponferradina B que tralo empate a uns (gol de Rodri Alonso para O Barco) vencía o conxunto berciano máis acertados nos penaltis (3-5).

 

 

O último partido da tarde enfrontaba aos xogadores do CD Barco cos seus compañeiros de liga do Silva SD que vencían ao transformar un penalti no minuto 31. Co 0-1 no marcador os coruñeses proclamábanse vencedores do VII Memorial Miguel Fariñas, sendo os barquenses subcampións.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button