A música convertíase en protagonista en Parada de Sil neste domingo 18 de decembro a partir das 13:30h. Tratábase dunha nova proposta do programa de Nadal: panxoliñas a cargo da Coral Aqua Música polos bares e restaurantes deste municipio, cunha gran acollida.
“Foi unha actividade novidosa, unha actuación gratuita e sen custe para o Concello, produto das sinerxías creadas durante anos con esta formación musical”, sinalan dende o Concello de Parada de Sil. Ademais con esta iniciativa pretendíase recuperar unha tradición que se perdeu neste municipio.
Vídeo cedido.