ConcellosSoberÚltima hora

A Corporación de Sober será de novo a primeira de España en constituírse

Farao nun pleno que se vai celebrar o sábado ás 00:00 horas

Casa do Concello de Sober./ Foto cedida.

 

A Corporación Municipal de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse. Así o explica o rexedor soberino en funcións, Luis Fernández Guitián, que volverá asumir o bastón de mando nun pleno convocado para o sábado ás 00:00 horas (a noite do venres ao sábado).

Deste xeito o pleno de investidura da Corporación municipal, que nesta ocasión terá 8 concelleiros do PP, 2 de Agroma Sober e un do PSOE, vai ser convocado para as 00:00 do sábado 17 de xuño, sendo novamente a primeira corporación de España en constituírse.

 

Luis Fernández, alcalde en funcións de Sober, que volverá a asumir o bastón de mando./ Cedida.

 

Nos anos 2011, 2015 e 2019 o Concello de Sober e o seu alcalde, Luis Fernández Guitián, xa foron os primeiros en tomar posesión, “algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve poñer o foco en Sober”, precisa.

O alcalde en funcións explica que “en España son máis de 8.100 Corporacións as que se constitúen o 17 de xuño e Sober non vai ser unha máis, vai ser a primeira”.

Artigos relacionados

Back to top button