Malia que o caudal do río Sil continúa moi alto, na xornada deste domingo 5 de novembro baixábase do nivel de prealerta por desbordamento ao de activación (nivel amarelo), segundo a información da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Nestas imaxes pode verse como vai o Sil ao seu paso polo Barco á altura da desembocadura do río Mariñán, xusto na parte final do paseo fluvial da vila.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.