
O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco apoia a campaña de Cruz Vermella Valdeorras “Aquí ganamos tod+s”. Esta campaña, que forma parte do Plan de Emprego de Cruz Vermella, pretende “sensibilizar á contorna empresarial e á poboación en xeral da necesidade de vencer as barreiras no acceso de moitas persoas ao mercado laboral, en favor dunha xestión da diversidade e a igualdade de oportunidades”.
A campaña, que tamén se desenvolverá noutras partes de Galicia, está dirixida principalmente ás empresas galegas “pero tamén á poboación en xeral, porque todas e todos podemos contribuír a que haxa igualdade de trato no emprego. As empresas son as que ofrecen oportunidades de acceso ao mercado laboral para as persoas coas que traballa a nosa Organización e constitúen un socio fundamental para o Plan de Emprego”, din dende a Cruz Vermella.
A acción, no caso do Barco, consistirá no reparto de bolsas promocionais de tea con mensaxes inclusivas entre a veciñanza. Vinte establecementos do Barco CCA que participarán na campaña entregando ditas bolsas aos seus clientes coas compras durante o venres 17 e sábado 18 de setembro.