CulturaCulturaÚltima hora

A curta “Amor viaxeiro”, con participación quiroguesa, presentarase nesta vila

O acto terá lugar o domingo 27 de agosto na Casa da Cultura

 

O salón de actos da Casa de Cultura de Quiroga acollerá este domingo 27 de agosto, ás 12h., a presentación da curtametraxe “Amor Viaxeiro”.  Entre o equipo directivo da cinta, está unha quiroguesa, Sara Casanova que, xunto a seis compañeiros do curso de Realización da TiC en Lugo, presentaron este traballo  ao I Concurso Cómo dirías que es España sin decirlo, convocado por Neflix e Turespaña.

“Amor viaxeiro” conta a historia de Eugenia, unha anciá que comeza a ter problemas de memoria. Cando a súa neta atopa unhas vellas fotografías da súa mocidade parece recuperar a lucidez. Como terapia, a rapaza decide percorrer os destinos das fotografías replicándoas para estimular os recordos da súa avoa. Parte destas gravacións leváronse a cabo en lugares fermosísimos do noso municipio como foi a coñecida fervenza de Vieiros.

Sara, directora de Arte, estará acompañada na presentación en Quiroga dos dous directores da curtametraxe, de xefes de son e operadores de cámara, e entre o elenco de actores e actrices, estará alguén moi especial para ela, a súa avoa Carmucha, que se estreou como actriz , traballo , que como afirma Sara, se sentiu “moi a gusto”.

Para o pouco tempo de vida que ten esta peza, xa foron moitos os lugares que percorreu, e agora tócalle estrearse en Quiroga, xa que o propio Concello de Quiroga colaborou economicamente na rodaxe.

Artigos relacionados

Back to top button